
Había unha vez un home que estaba no cárcere pola cousa máis terrible que se podía facer naquel mundo: axudar a unha anciá a cruzar a estrada por un paso de cebra.
Cando alguén visitaba o cárcere e o vía, preguntáballe sempre o mesmo:
— E ti rapaz, ¿ por que estás aquí?
O home sempre lle contaba o motivo, e a persoa que preguntaba íase pensando: “ A este tíñao que partir un raio”.
Un día, o home decidiu facer algo para saír do cárcere. O primeiro que se lle ocorreu foi cambiar as normas do país. Esa era unha boa idea pero o difícil era poñela en práctica. Por fin, o home deu coa solución. Presentouse ás eleccións de presidente nun partido independente.
Tivo que agardar varios meses ata que, por fin, chegou o gran día. O Neno, que ese era o seu nome, gañou por maioría absoluta.
Cando o nomearon novo presidente, no xornal “Boas Novas” saía de portada: “ Preso dirixe o goberno dende o cárcere”.
No segundo día de presidente cambiou as normas para poder saír da prisión.
Dese xeito, cando a xente pasaba polo cárcere xa non o miraba mal e incluso empezaba a dicir:
— Pobre!, preso por esa inxustiza.
Ata que por fin o deixaron en liberdade, para dirixir ben o goberno e para poder facer vida normal. Así foi como o mundo de antes se converteu no mundo actual, ou sexa, no mundo ó revés.
Iván Otero, 1º B
This entry was posted on luns, xuño 22nd, 2009 at 6:19 pm and is filed under Sen clasificar. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.