Un día, na cociña de Henrique, un coitelo dixo que lle gustaba unha tixola. A tixola sentiuse importante por un só momento, porque o coitelo non a deixaba tranquila ata que conseguiu que a tixola casase con el.
O día do casamento a tixola estaba moi nerviosa e tiña unhas gaña terríbeis de que se acabase todo. Polo contrario, o coitelo estaba entusiasmado e quería gozar do casamento tranquilamente.
- O coitelo e eu somos tan diferentes que todo me parece unha broma de mal gusto por parte do coitelo: oxalá- pensou a tixola.
Ao chegar ao altar o coitelo púxose vermello e moi nervioso e, de súpeto, deulle un infarto e morreu. A tixola sentiuse tan mal que pasou días chorando.
Lara Otero 1ºA (Curso 2009/2010)




